Eventos – Comunicación – Persoal – Feiras – Servizos flexibles
Somos unha empresa con toda a enerxía dos novos e a experiencia de levar 15 anos no sector. Organizamos todo tipo de eventos: feiras, festas, actuacións artísticas, eventos gastronómicos, xornadas de divulgación, campañas de dinamización comercial ou local…
Traballamos adaptándonos ás necesidades e posibilidades dos clientes. Tentamos introducir a creatividade e a imaxinación nos eventos. Prestamos especial atención á seriedade e aos detalles. Contamos cos mellores provedores para acadar resultados óptimos en todos os nosos proxectos.
Contamos cunha grande experiencia como gabinete externo de prensa en institucións e empresas privadas, creando unha imaxe positiva e mantendo un fluxo regular de comunicación. Xestionamos contratación publicitaria en medios.
Temos un gran equipo de deseño gráfico que dará solución a calquera necesidade.
Así mesmo, contamos cun equipo de persoal profesional para dar cobertura ás necesidades puntuais de empresas e institucións: azafatas, auxiliares de relacións públicas, intérpretes e tradutores, guías profesionais, fotógrafos…
Manuel Moledo Menduiña
Traballamos adaptándonos ás necesidades e posibilidades dos clientes.
Tentamos introducir a creatividade e a imaxinación nos eventos
EVENTOS
COMUNICACIÓN
PERSOAL
FEIRAS
SERVIZOS FLEXIBLES